Nome da lingua: Galego

Outros nomes
Fálase en... Galicia, W de Asturias (entre os ríos Eo e Navia), W de Castela e León (provincias de León e Zamora) e O Val do Ellas (Estremadura).
Número de falantes Número aproximado de persoas que falan habitualmente galego en Galicia: 2.000.000.
Número aproximado de persoas que utilizan o galego como segunda lingua en Galicia: 500.000
Número aproximado de persoas que falan habitualmente galego no W de Asturias: 30.000. Número aproximado de persoas que falan habitualmente galego no W de Castela e León: entre 25.000 e 30.000.
Estatus legal Oficial, en Galicia.
Recoñecemento legal en Asturias e en Castela e León.
Fonte Secretaría Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia.

Breve explicación sobre a historia

O galego é a lingua resultante da evolución do latín implantado polos soldados e colonos romanos no noroeste peninsular entre os séculos I e VI da nosa era. O resultado foi unha lingua románica na que as linguas célticas anteriores á invasión romana apenas deixaron pegadas, salvo no léxico e na toponimia.
Dos séculos XIII ao XV prodúcese un claro afianzamento do galego como lingua administrativa e literaria, período no que tanto os territorios situados ao norte (Galicia) coma os localizados ao sur (Portugal) do río Miño pertencen á mesma área lingüística. A lírica galego-portuguesa constitúe precisamente unha das probas máis evidentes do esplendor e vigor desta lingua neorromance durante o período medieval. A fins do medievo, a lingua e a literatura culta galegas entraron nun período de decadencia. Nese contexto político, o galego estivo ausente dos usos escritos durante un longo período de tres séculos –XVI, XVIII e XVIII– chamados Séculos Escuros.
"Rexurdimento" é o nome do movemento de renovación cultural que tivo lugar durante a segunda metade do século XIX. Cantares Gallegos, a primeira obra escrita totalmente en lingua galega, publicada en 1863 por Rosalía de Castro, inaugurou o "Rexurdimento" pleno. A primeira gramática e dicionario galegos, esenciais para a súa estandarización, apareceron tamén no século XIX.
A recuperación do galego como lingua de cultura e literaria consolidouse ao longo de todo o século XX. Paralelamente, produciuse durante este período unha mingua evidente nos usos orais menos formais, especialmente nas áreas xeográficas urbanas.
Grazas ao labor desenvolvido durante as últimas tres décadas, tanto desde os poderes públicos como desde a iniciativa social, o proceso de lexitimación e modernización da lingua galega foi un éxito e a súa expansión demográfica e funcional foi moi considerable.
Por lei, a Real Academia Galega, institución fundada en 1906, ten asignadas as competencias en materia de normativa lingüística. As últimas normas ortográficas e morfolóxicas do galego foron aprobadas en decembro de 2003, as cales modificaron nalgúns aspectos e criterios as normas que estiveran en vigor desde 1982.
No galego actual distínguense tres grupos dialectais: occidental, central e oriental.

Para saber máis - Secretaría Xeral de Política Lingüística:
(http://www.xunta.es/linguagalega/)
- Real Academia Galega:
(http://www.realacademiagalega.org)
- Instituto da Lingua Galega:
(http://ilg.usc.es/)
- Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades:
(http://www.cirp.es/)
- Consello da Cultura Galega:
(http://consellodacultura.org/)
- O galego no mundo:
(http://www.xunta.es/linguagalega/galego_no_mundo)
- Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo:
(http://www.anl.uvigo.es/)
- Servizo de normalización lingüística da Universidade da Coruña:
(http://www.udc.es/snl/)
- Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela:
(http://www.usc.es/snl/)
- Biblioteca Virtual Galega:
(http://bvg.udc.es/)
- Biblioteca Virtual da Asociación de Tradutores Galegos:
(http://www.bivir.com/)

 

 

 

 

Loading
www.santiagolanguages.com
www.santiagolanguages.com
Sprachen und Sprachpolitik entlang des Jakobsweges, Romanisches Seminar der CAU zu Kiel: 28.05.2013
Sprachen und Sprachpolitik entlang des Jakobsweges, Romanisches Seminar der CAU zu Kiel: 28.05.2013
EUROPA AUF DEN JAKOBSWEGEN            KIEL, LANDESHAUS: 22. 11. – 19. 12. 2011 | CENTRE CULTUREL FRANÇAIS, KIEL: 24.01. - 24.02.2012
EUROPA AUF DEN JAKOBSWEGEN KIEL, LANDESHAUS: 22. 11. – 19. 12. 2011 | CENTRE CULTUREL FRANÇAIS, KIEL: 24.01. - 24.02.2012
Congress Santiago (21./22.10.2011)
Congress Santiago (21./22.10.2011)