"A cidade-novela"

        Se Gonzalo Torrente Ballester inventou Villasanta de la Estrella, como explicamos no capítulo anterior, Santiago de Compostela foi o resultado tamén doutra invención, entendendo esta palabra, como xa dixemos e veremos de novo máis adiante, no seu sentido latino orixinal. A historia deste feito histórico tense contado moitas veces, pero máis por parte dos historiadores, os teólogos e os arqueólogos, que polos escritores. A historia de Santiago é, non obstante, un relato fantástico de natureza semellante ao que levou levou a narradores como Torrente a crear un espazo urbano puramente imaxinado, pero con identidade real. A existencia de Compostela, en tanto que realidade cultural e incluso física, non é distinta daquela e só se pode comprender totalmente, dada a súa condición de feito literario, en forma de narración. Santiago é unha novela, por máis que non todos os novelistas souberon entendela baixo esa especie retórica.

            Conta Simone de Beauvoir no seu libro de memorias titulado A forza das cousas que cando visitou Santiago de Compostela en compañía de Claude Lanzmann, alá polos anos cincuenta, ambos os dous fuxiron da cidade porque lles ulía a auga bendita. Non hai nesas páxinas da escritora francesa nin unha palabra máis sobre unha cidade que a Hemingway, un escritor menos culto ca ela, lle pareceu unha das máis belas do mundo.

[...]

Como para xustificar a súa conduta, Simone de Beauvoir ten falado do seu interese polo humano e da súa escasa sensibilidade para o sagrado, unha distinción que lle parece clara, pero que na historia de Santiago aparece sempre indisolublemente mesturada.

 

Fonte: Casares, Carlos: Unha cidade que é como unha novela. En: Un país de palabras. Galaxia, Vigo: 1998, pp. 47-49.

 

 

 

Fotos / Pictures

Loading
www.santiagolanguages.com
www.santiagolanguages.com
Sprachen und Sprachpolitik entlang des Jakobsweges, Romanisches Seminar der CAU zu Kiel: 28.05.2013
Sprachen und Sprachpolitik entlang des Jakobsweges, Romanisches Seminar der CAU zu Kiel: 28.05.2013
EUROPA AUF DEN JAKOBSWEGEN            KIEL, LANDESHAUS: 22. 11. – 19. 12. 2011 | CENTRE CULTUREL FRANÇAIS, KIEL: 24.01. - 24.02.2012
EUROPA AUF DEN JAKOBSWEGEN KIEL, LANDESHAUS: 22. 11. – 19. 12. 2011 | CENTRE CULTUREL FRANÇAIS, KIEL: 24.01. - 24.02.2012
Congress Santiago (21./22.10.2011)
Congress Santiago (21./22.10.2011)